Mensaxes anónimas, desaparición dun alumno, segredos que saen á luz... A historia do IES Chapela está a piques de cambiar.

jueves, 29 de noviembre de 2012

Spot do cásting!


Recordade que agora tamén vos podemos gravar nos recreos! 
Se queredes practicar na casa, envíanos un correo a mensaxerecibida@gmail.com e enviámosche un pequeno guionciño para a túa audición! 

Anímate! 

domingo, 18 de noviembre de 2012

viernes, 16 de noviembre de 2012

Cásting!!

Se queres participar neste proxecto, só tes que facer un vídeo e enviárnolo!

Que hai que facer no vídeo?
Tedes que facer unha ou varias esceas onde expresedes distintos sentimentos: enfado, ira, alegría, tristeza, medo, etc etc etc. 

Onde o tedes que enviar? 
Ou ben nolo enviades por email a: mensaxerecibida@gmail.com
ou nolo podedes pasar por un pen. (Preguntar por Noe, Silvia, María, Romi, Cris ou Jenny de 2ºEd.Infantil ou Aldán e Miguel)

Como o podo gravar?
Dános igual! Podedes gravalo co voso móbil, coa cam do voso ordenador, cunha cámara... vós elexides!
Tamén podedes pasar nos RECREOS pola aula de música e gravámosvos nós!

Canto ten que durar?
Non máis de minuto e medio.


Outras formas de participar: detrás da cámara hai moito traballo por facer e toda axuda recibida é de agradecer. Hai que gravar, montar, escribir un guión, caracterización, vestiario... 

Esperemos que vos animedes!!

Mensaxe recibida

Nesta miniserie TODOS imos participar, ben sexa activa ou pasivamente.
O guión irase escribindo según as ideas que aportedes nos comentarios neste blog e según as enquisas que faremos. 
Así que non tedes escusa! Animádevos!